previous arrow
next arrow

Quen somos

EmRede somos unha Rede de Mercados Ecolóxicos, Artesanais e de Proximidade, composta por Concellos, expositores e diferentes axentes do ambito cultural galego.

A nosa experiencia

O noso equipo conta con máis de 10 anos de experiencia no ámbito da produción ecolóxica, e na organización de eventos e actividades de difusión dirixidos a concienciar da necesidade de relacionarnos dunha maneira eficiente e sustentable coa nosa contorna.

Obxetivos

Imos facer un mundo mellor. Para iso traballamos en dúas liñas de actuación.

Por unha banda, a de apoiar e colaborar cos que, como nós, realizan o seu labor tendo en conta este obxectivo de mellorar a contorna que compartimos.

E por outro, difundir e concienciar á sociedade sobre: as vantaxes de fortalecer o tecido de produtores e mercados de proximidade, a necesidade de establecer coa nosa contorna un trato máis sustentable e a importancia de manter uns hábitos saudables.

Como o facemos

A nosa actividade principal é a recuperación dos mercados tradicionais como espazo de encontro da veciñanza. Un enclave perfecto tanto para comprar produtos naturais e ecolóxicos feitos no rural galego, como para comer e gozar das conversas próximas. Xunto aos mercados, realizamos talleres e actividades para todas as idades (exposicións, concertos, teatro, …). Mostramos oficios tradicionais e informamos sobre novas tendencias do consumo sustentable. Todo isto enfocado a converter este mundo que compartimos nun espazo mellor para todos.